Monday 29 de April de 2024

O PP de Culleredo denuncia que o gasto por habitante no municipio é dos máis baixos de Galicia


 Culleredo é con diferenza quen menos licita por veciño dos concellos de entre 25.000 e 35.000 habitantes.

 A licitación en Culleredo caeu este último ano en máis dun 50%.

A portavoz do PP de Culleredo, Izaskun García, analizou os datossobre o gasto en investimentos per cápita no 2023, tanto do seu propio concello como doutros concellos da área e de número de habitantes similar.

“Os datos de Culleredo son vergoñosos. Apenas chegamos aos 50€ de gasto por habitante, cando a media en Galicia é de 138€ e na provincia da Coruña de 145€. Datos máis que significativos do pouco ou
nada que se traballa neste goberno local, incapaz de aproveitar os seus propios medios ou os que outras administracións, como a Deputación ou os fondos europeos, proporciónanlles”, recalca a líder popular.

Os populares fan especial fincapé na enorme diferenza de datos con concellos análogos en habitantes e situación xeográfica como Arteixo,Oleiros ou Carballo. “E non falemos xa de concellos cun terzo ou menos dos nosos habitantes e que multiplican por 4 ou por 5 o noso nivel de investimento, como Coristanco, Abegondo ou Bergondo”.
“O alcalde Rioboo e o seu equipo deberían avergoñarse destes datos e poñerse dunha vez para traballar para reverter esta situación, que tiveron 4 anos de maioría absolutista para non facer practicamente nada, aí están as cifras, non teñen escusa”, insisten os populares que reiteran tamén a pouca ou nula vontade do señor alcalde para negociar ningún acordo de investimento coa oposición.